Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Volve a Feirauto de Baio

Volve a Feirauto de Baio

A Feira do Automóbil de Ocasión máis importante de Galicia volve á rúa. A Rúa Mestre Platas volverá encherse con máis de 400 coches para facer de Baio o centro do motor de todo o país. A primeira cita do ano toca estes sábado 11 e domingo 12 de xuño na que será a 27ª Edición da Feirauto de Baio.

Será a primeira, pois saben que a Feirauto se realiza dende hai 13 anos dúas veces ao ano, unha en xuño e outra en setembro. A media de venta nos últimos anos ronda os 30 vehículos cada fin de semana de feira. Iso si, a crise afecta e o valor medio dos vehículos vendidos baixou nos últimos anos. Dos 20.000€ pasamos a unha media de 7.000-8.000€ por vehículo, o que segue supoñendo un gran movemento de cartos, rondado o cuarto de millón.

Unidade do sector

A Unidade do sector do automóbil baiés é fundamental para seguir facendo de Baio unha referencia nacional. Así nolo contaba Lolo Martínez, un dos voceiros da Asociación do Automóbil de Baio, e responsable de Bayocar Automóviles, unha das 5 casas que fai posible a asociación e a feira, xunto a Automóviles Graíño, Talleres J. Lema, Automóviles José Montes e Talleres Manuel Montes.

E esa unidade puido comprobarse o pasado 30 de abril na multitudinaria manifestación pola ITV Xa!. Preto de 5.000 persoas demostraron que a Costa, e concretamente o Concello de Zas, necesita esta infraestrutura para o sector siga crecendo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios