Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunta asegura que a ITV estará rematada en outubro

A Xunta asegura que a ITV estará rematada en outubro

O Presidente, José Gabín, e varios membros da Asociación do Automóbil de Baio, mantiveron está mañá de xoves 2 de xuño unha reunión co delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo. Unha reunión na que a Xunta, a través da Consellería de Economía e Industria, corraborou o seu apoio económico de cara á promoción da celebración das dúas feiras do automóbil de ocasión que a Asociación fai cada ano. Concretamente estes 11 e 12 de xuño terá lugar a 27 edición da Feira dos Vehículos de Ocasión “Feirauto”.

Pero a reunión serviu para tratar de novo o desbloqueo da ITV de Zas. Desta volta Calvo estivo moi receptivo, e apuntou que "o comunicado de permiso será inminente a corto prazo unha vez que o Polígono do Allo estará completamente rematado o día 15 deste mes", segundo nos conta o propio Gabín.

Así, o delegado afirmou que "a primeiros de outubro a ITV de Zas estará completamente rematada". De feito, agárdase que antes de que remate o mes de xuño comecen as obras.

E refrendando a mellora nas relacións, no transcurso do encontro, os representantes da Asociación trasladáronlle ao delegado da Xunta na Coruña a invitación para asistir a inauguración da feira o sábado 11 de xuño.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios