Sábado. 19.09.2020
El tiempo

A Costa da Morte sabe manifestarse

A Costa da Morte sabe manifestarse

Era esa a grande dúbida de toda a bisbarra, o grande medo. Que a veciñanza non respondera ante a convocatoria dos teóricos pesos pesados da política costeira. Non se sabe se polo seu peso ou polas gañas que ten a Costa da Morte de saír á rúa, pero unhas 5.000 persoas encheron Baio e demostráronlle a toda Galicia que a Costa da Morte ten dignidade.

Ou polo menos nolo demostramos a nós. Porque se ben o seguemento deste fito histórico para a bisbarra na TVG foi nulo, a Xunta facía oídos xordos da manifestación e voltaba a culpar ao Concello de Zas de non ter rematado o polígono do Allo.

O sector do automóbil

O que si quedou claro é o peso do sector da automóbil na Costa da Morte. Foi o sector o auténtico vertebrador desta loita. Foron os organizadores da Asociación do Automóbil de Baio quen acompañou á Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte nesta loita, e foron eles quen instaron á Neria e á FECOM a levala ata o final.

Falta de respeto

Así e todo, foi a propia Xunta, e concretamente o deputado Diego Calvo, o causante de todo este revolto. E vén da última reunión cos 20 alcaldes e empresarios, nos que o deputado ninguneo á expedición costeira. Un trato que os nosos políticos, mesmo os de cor azul, consideraron unha falta de respeto á Costa da Morte.

E como seica a manifestación ía máis aló das cores políticas, encabezaron a manifestación os alcaldes de Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Laxe, Malpica, Muxía, Zas e Santa Comba, a meirande parte deles do PSOE e do BNG. Tan só Carmen Borbujo, candidata en Vimianzo, acodiu polo bando popular.

Unha voz común

O máis importante de todo isto, baixo o noso parecer, vai máis alá da propia ITV, que para nós non é a meirande carencia da bisbarra. O máis importante é que por unha vez a Costa da Morte uniuse cunha voz común. A foto de todos os alcalde unidos, pero sobre todo, o feito de comezar na Piroga, termo municipal de Vimianzo, e rematar na rúa Mestre Platas, no tempo de Zas, demostra que esta manifestación é un novo intento de vertebrar a Costa da Morte.

A frase é clara: "Estamos ata o carallo. A ITV para Baio".

O Manifesto por Jorge Mira

Vale para todo este home. Este sábado foi el o que leu o pregón! En breve traemos o vídeo do pregón.

A Xunta volve culpar ao Concello

E mentres se celebraba a manifestación, arredor das 20:00h, a Xunta enviaba unha nota de prensa na que volve incidir en que a culpa tena o Concello. A Xunta denuncia que "o polígono do Allo non está en condicións de ser urbanizado" e afirma "a futura ITV que se ubicará en Zas será unha realidade cando estén rematadas todas as obras de acondicionamento do polígono municipal e que corresponden ao Concello".

Unha acusación que nega o alcalde de Zas que asegura que está listo para que a Xunta dea a aprobación definitiva, e sen necesidade de aportar fondos.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios