60 maiores aprenden na Universidade Sénior da Costa da Morte

Este semana arrincou no Centro Sociocultural de Baio (Zas), a 4ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento que impulsa a Universidade Sénior para as persoas maiores de 50 anos na Costa da Morte. Un curso no que están matriculados 60 alumnos e alumnas.

Na presentación interviron a Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez Veiga, a Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e mailo Presidente do GDR “Costa da Morte” e Alcalde de Zas, Manuel Muiño Espasandín.

 

Arrincarán co primeiro dos tres módulos, relativo ao Patrimonio Social e Cultural, e o primeiro en dar a clase foi o profesor Xoan López Viñas. Xa o xobes tocoulle a J. Ramón Soraluce Blond falar dos “Camiños da Arte Contemporánea”.

A vindeira sesión será sobre as “Catro etapas da Arquitectura antiga de Galicia”, da man de Álvaro J. Iglesias Maceiras. Será 2 de marzo de 2022, cunha visita cultural no entorno, o día 4 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas.

Durante o mes de marzo desenvolveranse os módulos de Medio Ambiente e de Saúde, tendo o acto de clausura o xoves, 31 de marzo, ás 17 h. coa Conferencia “Cine e Creatividade para Seniors”, a cargo de Domingo Docampo e Manolo Gómez, e a entrega de diplomas.