Venres. 19.04.2024
El tiempo

45 maiores de 50 anos únense á Universidade Sénior da Costa da Morte para coñeceren o Camiño

Universidade Senior Costa da Morte 021
Universidade Senior Costa da Morte 021
45 maiores de 50 anos únense á Universidade Sénior da Costa da Morte para coñeceren o Camiño

Serán 45 as persoas maiores de 50 anos as que participen nas novas xornadas do Programa de Democratización do Coñecemento que impulsa a Universidade Sénior. O programa da Universidade de Coruña deste curso será para seguir “Coñecendo o Camiño coa Universidade Sénior”, como versa o título.

Co finaciamento da Xunta, e a colaboración do GDR Costa da Morte o Concello de Zas, as xornadas desenvolveranse nos meses de abril e maio, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

O 45 alumnos e alumnas proceden de 7 concellos da zona, e poderán participar presencialmente nas tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas:

  • Luns 26 de abril, de 17 a 19 h., "Santiago Apóstolo: Historia, Mito e Lenda", a cargo do Prof. Alvaro J. Iglesias Maceiras.
  • Luns 3 de maio, de 17 a 19 h. "A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” a cargo do Prof. Xoán López Viñas.
  • Luns 10 de maio 17 a 19 h. "O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes", a cargo do Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo.
  • O mesmo 10 de maio, a partir das 19 h. terá lugar o Acto de clausura.
  •  

 

Novas relacionadas

Comentarios