Venres. 29.03.2024
El tiempo

66 maiores forman a segunda fornada de diplomados na Universidade Sénior

Universidade Senior da Costa da Morte 2019
Diplomados Universidade Sénior da Costa da Morte 2019
66 maiores forman a segunda fornada de diplomados na Universidade Sénior

Chega ao seu remate a segunda edición do programa universitario para persoas maiores de 50 anos da UDC na Costa da Morte. Este mércores 29 de maio terá lugar o acto de clausura do Proxecto de Democratización do Coñecemento - Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte “Compartir Experiencias e Coñecementos”, que se viu desenvolvendo na localidade de Baio (Zas), realizado en cooperación co GDR “Costa da Morte”.

66 alumn@s de máis de 50 anos levan aprendido ducias de cousas durante os últimos meses sobre “Sustentabilidade Social e Económica”, “Sustentabilidade Ambiental” e sobre “Saúde e Benestar”, as temáticas dos tres módulos impartidos polo ente académico.

Tócalles agora recibir o seu diploma, como fixeron o ano pasado os primeiros diplomados sénior da Costa.

O acto, que terá lugar no Salón de Actos da ETS de Náutica, na Coruña, e comezará ás 10:30 coa conferencia titulada “Os naufraxios na Costa da Morte” do Prof. Felipe Louzán, da ETS de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña, contará coa presencia da Vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez Veiga, o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa Montenegro, o presidente do GDR “Costa da Morte” e Alcalde de Zas, Manuel Muiño Veiga, e a Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez.

Novas relacionadas

Comentarios