65 pezas audiovisuais baten todas as marcas dos Premios Fouciño
Está de noraboa Concurso de Curtas dos Premios Fouciño de Baio. Acaban de pechar as inscricións da 4ª edición cun récord de participación. Son 65 pezas audiovisuais, 36 na categoría escolar e 29 na xeral, as que chegadas dende toda Galicia para participar no emerxente festival baiés, o que dá conta do seu potencial, e do talento audiovial de todo o país.
Dende Baio valoran moi positivamente a participación nos centros escolares. Gracias á serie de visitas realizaron durante os meses de maio e xuño, son case unha ducia de centros de ensino os que enviaron as súas creacións.
A proxección das curtas finalistas será o 2 de novembro e a entrega de premios contará cun festival no que xa está confirmado o dúo folk Caamaño&Ameixeiras.
Nos días previos, Baio acollerá diferentes actividades relacionadas co audiovisual, cuxa programación será anunciada durante a primeira semana de agosto, na semana cultural do concello de Zas.
As persoas interesadas poden ir consultando a información nas redes sociais do proxecto (@premiosfoucino) ou na web premiosfoucino.concellodezas.org.
LEMBRANZAS
Máis novas