Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Caamaño & Ameixeiras lanzan novo disco: “É bo momento para que os músicos poidamos vivir, máis que sobrevivir”

Caamano e Ameixeiras lanzan Quitar o aire
Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras no novo "Quitar o aire"
Caamaño & Ameixeiras lanzan novo disco: “É bo momento para que os músicos poidamos vivir, máis que sobrevivir”

Hoxe venres 20 de outubro sae a rúa o segundo disco do dúa costeiro Caamaño & Ameixeiras. Despois de Aire!, publicado en 2021, chega Quitar o aire, producido por Hevi e publicado por Raso, que terá a súa presentación oficial este domingo 22 na Sala Capitol de Compostela.

Trátase dun traballo conceptual cun nivel de investigación abrumador realizado tanto por Sabela Caamaño (Oza dos Ríos, 1990), como pola baiesa de Soesto Antía Ameixeiras, mergullándose na ritoloxía popular do noso país. Así nacen 9 temas, utilizando ese 9 como número máxico neses milleiros de ritos galegos que falan sexo, morte, festa ou tristura.

O traballo dá un paso adiante na recuperación da música de raíz, dende un punto de encontro colectivo e ritual pero tamén achegándose a frecuencias máis experimentais. O acordeón de Sabela e o violín e a voz de Antía resoan con potencia, ofrecendo unha visión máis actual, máis internacional (que non urbana) do noso folk do país.

- Antía: Antes de ir á residencia xa estivemos facendo o proceso de recollida de música tradicional, e de ritoloxía. Digamos que xa levábanos o material sobre o que traballar, pero si foi alí onde comezamos a crear os temas, sobre todo dous, qeu foi para o que nos deu a semana.

 
  • Son efectivas estas residencias da Deputación?

- Antía: Son superfectivas, poder estar traballando a tope nalgo, centradas só no aspecto creativo, sen preocuparte polas cousas cotiás do día a día. Ademais tivemos a sorte de contar con Aitana Cuétara, que nos preparu reunions, e nos axudou na comunicación. Con ela tratamos aspesctos inreresantes.

- Sabela: Ademais, estabamos como raíñas.
Gustounos tanto a experiencia que en xaneiro fixemos otra residencia en Mallorca, e se no no Pazo de Mariñán comezamos o disco, na mallorquina, acabámolo.

 
  • Para este “Quitar o aire” está claro que houbo unha importante inmersión nos ritos galegos. Cales foron as vosas fontes? Que avoas participaron máis nesa colleita?

- Antía: Fomos a moitos arquivos, no Museo do Pobo Galego, ao Arquivo da Tradición… fixemos investigación con Rafa Quintía, un antropólogo que nos guiou no mundo da ritoloxía popular, e despois tamén fomos fer a señoras que quitaban o aire. Foi un proceso moi bonito e fomos dándolle forma a medida que cambiaba o tempo. Ao principio ía só sobre quitar o aire pero acabamos ampliando.

- Sabela: Fomos, por exemplo, a casa de Lola de Mandela, en Muros. A señora Lola de Mandela morreu no 2019, pero deixou o legado á súa filla e á súa cuñada, que tamén fan o ritual de sacar o aire. O curioso é que aínda empregan o alcume, a casa de Lola de Mandela é famosa. A min persoalmente quitoume o aire. Foi unha experiencia tremenda. Queríamos vivilo en primeira persoa. Eu xa cría que o tiña, e primeiro fíxome un rito de diagnóstico e como efectivamente o tiña, fíxome o rito para quitalo.
É fantástico ver como todo ese mundo segue vivo. Cremos ter superado todo iso e realmente non hai nada que superar, é unha riqueza, parte do noso patrimonio. Independentemente dos xuízos de valor consideramos interesante amosar esta riqueza.

 
  • Faládeme entón dese 9 máxico. Xa iades coa idea da cabeza ou foi collendo forma coa colleita?

- Antía: O 9 son 3 veces 3, o número da santísima trinidade. Tiñamos claro que tiñan que ser 9 os temas.

- Sabela: Houbo momentos de crise porque o 9º tema caeuse a última hora e tivemos que facer outro. Ao final xurdiu un tema moi guai.

 
  • Escoitando o disco, si que é tremendamente “ghallegho”, pero noite algunha influencia internacional, rollo “klezmer”, pode ser?

- Antía: Ás dúas gústanos moito o rollo do este. Como estiven estudando en Bulgaria, igual incoporarei certa linguaxe de alá sobre todo nos ornamentos, na miña linguiaxe. Xa me teñen dito certos violinistas que teño toques así, pero é que tocamos como tocamos, como vivimos, e a min o violín xitano encántame. Non é que queiras copialo, pero se escoitas moito…

- Sabela: Con todo o universo musical que temos é inevitable. Ademais, neste traballo hai moita experiementación dos nosos sons. Hai unha intención de saír dos nosos espazos de confort, dos sons dos nosos instrumentos. Teño moitos cliches do acordeón de sempre, e os típicos recuros, e neste disco intentamos buscar novos recuroso, saír deses, experimentar con eles e intentar xogar a que parecera un baixo máis que un acordeón. Unha busca moi enriquecedora. Apetecíanos esa volta de torca.

 
  • Saír do son clásico do Pazo de Merexo?

- Sabela: Non só de Pazos, que claro que o coñecín, pero si da ensinanza clásica. Queríamos deslocalizarnos. Hai cousas que parecen obrigatorias, pero de repente pensas “ e si…?” e probas outra cousa. E axudounos moitos Hevi, o produtor. Queríamos traballar con alguén que estivese fóra do mundo tradicional e do folk, e nos axudou a aportar ese punto de dista dende outro lugar.

 
  • A estrea, este domingo na Capitol. Quedan entradas? Para cando pola Costa? Tendes algunha cita xa?

- Antía: Aínda hai entradas, si! Aínda non temos máis confirmacións, pero esperamos sacar pronto xira e, por suposto, parar pola Costa da Morte.

 

Caamano e Ameixeiras lanzan Quitar o aire 2

  • A nivel máis global, xa levades 4-5 anos de andaina musical. É posible vivir da música, do folk, en Galicia?

- Antía: Si, eu penso que si. Penso que estamos nun bo momento musical, cada vez a industria está máis profesionaliza. É bo momento para que os músicos poidamos vivir máis que sobrevivir.

- Sabela: Considero que temos sorte de que o noso proxecto fose tan ben acollido dende o primeiro momento. Estamos contentas co noso traballo, ademais.

 
  • Cales son atrancos máis habituais cos que vos atopastes para desenvolver a vosa carreira?

- Sabela: Sobre todo falta de apoio institucional, a falta dunha rede. Toodo que facemos os artistas é porque facemos absolutamente todo: os recursos económicos, o tempo… Sintes como que tes unha carreira de obstáculos, e tes que sortealos, polo que é un superlogro sacar algo. O talento debería apoiarse máis.

- Antía: O máis difícil é que sendo autónoma, temos que facer absoltamente todo. Unha autoexplotación continua, como lle pasa a todo o mundo.

 
  • Como vivides, dende o voso folk ben firme e asentado, a revolución do trad galego máis urbano?

- Sabela: Gústanos, cremos que é positivo, porque non deixa de ser que algo minotitario na escena musical global, se convirta que de repente en mainstream. É moi positivo, nos beneficia a todos.

- Antía: Volvendo ao que falaba antes, estamos nun gran momento, e proxectos como Mondra, Fillas de Cassandra, Tanxgueiras… fai que todo vaia mellor na industria, e iso é bo para todos.

 
  • Un par para Antía. Máis Baio ou de Soesto?

- Antía: Eu aínda non o decidín, e penso que é unha decisión que non teño que tomar. Para min Soesto son mási as raíces pero e Baio teño a vida, a rede, as experiencias, as amizades. Tamén me sinto un pouco de Santiago, agora.

 
  • Que significiou para ti pasar polo IES Maximino Romero de Lema? Que Asociacións estaban vivas daquela?

- Antía: Para min o IES de Baio foi unha época superbonita. Creo que é un IES que unha rede espectacular. Baio é un pobo cun asociacionismo incrible. Ten unha estrutura social moi forte e iso é moi moi fermoso, e nótase tamén no instituto. É un instituto moi activo culturalmente, sempre pasan cousas interesantes. Teño un recordo moi lindo e moi doce da etapa do instituto, das compañeiras, do profesorado, das actividades que facíamos. Lembro que cando estudaba alí sempre viñan as artistas máis destacadas do panorama musical. Iso en parte foi grazas a Manolo Maseda que fixo un traballo bestial. Estámoslle moi agradecidas. Eu formei parte da Asociación Cultural Adro de Baio e sin dúbida adícome ao que me adico grazas a esta asociación e aos seus mestres, que me ensinaron a querer a música tradicional.

 

- Antía: Pois durante moitos anos fixen moitos traballos audiovisuais, sobre todo videoclips, porque vinculaba dúas artes que me apaixoan. O proxecto "Feismos?" foi moi lindo de facer, foi o traballo de fin de carreira que fixen con David Fontán e Alejandro Gándara e téñolle especial cariño. Pero agora xa estou centrada na música, aínda que saco fotos e fago vídeos de vez en cando, non teño tanto tempo para dedicarlle. Esta vida pide outra.

 

Novas de Caamaño & Ameixeiras

Outras novas

 

Comentarios