A Festa da Carballeira cumple 30 anos recibindo aos grandes nomes do folk mundial

Pois si, xa temos o cartel da XXX Festa da Carballeira. A campaña nas redes sociais da organización da AC Castro Meda, con Lupe Nieto á cabeza, segue funcionando e incitando incitando, estes días superaban os 4.000 siareiros con creces.

E este mediodía de martes 9 de xullo, como sempre a algo menos dun mes do primeiro sábado de agosto, tiña lugar a presentación do cartel máis esperado do verán. Nada menos que o 30 aniversario do festival decano da Axenda Sonora da Costa da Morte.

E chega este curso sen grandes nomes, pero con moita calidade, i é que facendo un balance, pola simbólica Carballeira de Velar pasaron practicamente todos os grandes nomes do panorama folk mundial, que se di pronto.

Dous días de festival

Este ano o festival estírase á noite do venres 2 de agosto, con bandas como os ferrolanos amigos da gaita Saldos Negativos, os costarricenenses celtas Peregrino Gris ou Tarará Trío.

O día grande, o sábado 3 de agosto comezará pola tarde coa tradición demostración de baile da organizadora A.C. Castro Meda, ademais da Banda de gaitas Estivada de Calo.
Pola noite, abrirá o cartel Os Viqueiras de Ordes, e pasarán polo escenario o vasco Xabi Aburruzaga (como responden sempre os artistas euskaldunes na carballeira!), os galegos Berrogüeto, o escocés Rua Macmillan e os aragoneses Lurte.

Aquí vos deixamos con varios vídeos para que vaiades tomando nota:

Xabi Aburruzaga


Rua Macmillan

Lurte


Máis información

Novas da Carballeira

Novas festivaleiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).