Venres. 03.07.2020
El tiempo

9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock

9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock
Cartel do X Festival Castelo Rock de Muros 2013

Imos perfilando xa o verán festivaleiro na Costa da Morte e unha das paradas máis agardadas serán en Muros. O Festival Castelo Rock cumpre 10 anos e o celebra por todo o alto. Tras coñecer a presencia de Reincidentes e O Funkillo, esta mesma mañá a brava xente da ACDR Praia do Castelo fixeron público un cartel cheo de rock, pero tamén de ska, fusión, pachanga e bo punk.

E teremos caña e boa música. E unha gran nova, o grupo máis mítico de do rock muradán, os Trapos Sucios, subirán ao escenario.

Así, o venres 2 de agosto, ademais dos Reincidentes, que non necesitan presentación, teremos abrindo a noite aos vigueses The Skarnivals, cos seus ritmos máis divertidos. Pasaremos á cañá con Kolisión Frontal, poderemos disfrutar doutra das bandas máis míticas da historia roqueira de Galicia, como son os cercedenses Zënzar. Ademais dos Reincidentes, a Banda Fura Fura porá un fin de festa tremendamente divertido con pura verbena galega, para dar paso á zapatilla co DJ Croma.

Para o sábado 3 de agosto, quedan a cita cos muradáns de toda a vida, coa fusión de Chotokoeu; O Funkillo e nada menos que os Lendakaris Muertos, a banda punk do momento.

E todo, enviando unha mensaxe especial ao grande impulsor desta pequena pero gran revolta musical e cultural, Lisardo Conchas. Longa vida ao Castelo Rock!!

Máis información

Novas festivaleiras

Fonte

comentarios