Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando

O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando
Así estaba o campo da festa para este Asalto ao Castelo 2013-Foto-Roberto Rua

18 anos cumplía este pasado sábado 6 de xullo a festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo. E segue medrando. O tempo acompañou, e de que xeito, cunha noite ideal para que os irmandiños voltasen derrotar aos nobles e tomar a fortaleza de Soneira. E houbo máis xente que nunca, tanto nas rúas da vila, coma no campo da festa ou no Foxo do Castelo.

Milleiros de persoas encheron Vimianzo durante todo o caluroso día, para disfrutar das numerosas actividades, como a Feira de Artesanía, os pasarrúas, o Asaltiño e sobre todo, os Pinchos Irmandiños, que volveron ser un ano máis auténticos protagonistas.

Pero antes de ir facendo un repaso á festa, temos que facer unha mención especial a todos os que fan posible esta festa, unha das máis auténticas do verán costeiro. Máis de 200 persoas formando parte da organización, dúas asociacións (a Cherinkas que recolleu e de que xeito o relevo da Axvalso), 20 establecimentos, Concello, case toda a veciñanza implicada... Case un ano de esforzo de moita xente que dan como resultado unha noite inesquecible.

E a festa arrincaba xa o venres, coa espectacular Cea Medieval, que cada ano acolle máis e máis espectación. Todo un luxo que só poden disfrutar, na incomparable paraxe do Foxo do Castelo, unhas 415 persoas, gracias ao traballo de máis de 60 persoas.

Cea Medieval do Asalto ao Castelo-Foto-Roberto Rua

Primeira parada, Luar na Lubre

Luar-na-Lubre-no-Asalto-2013

A gran cita comezaba arredor das 22:45 da noite, co concerto de Luar na Lubre. Bieito Romero non deixou de repetir a eterna vinculación da banda embaixadora da cultura galega no mundo para coa Costa da Morte, e proba delo era a bandeira contra a mina de Corcoesto prantada no escenario. Paula Rey deslumbrou coa súa imponente voz e soaron galego, irlandés e gaélico para traer música celta máis literaria, entre a música de taberna de toda a vida.

O prato forte: A Revolta Irmandiña

Asalto-ao-Castelo-Vimianzo-2013-As-tres-heroina-irmandinas

É a representación da revolta a que fai tan especial e singular esta festa. Aí está Ghillermo Méndez (manteado na celebración final, coma tódolos anos), guionista e director, traballando dende nadal para darlle unha volta á historia, este ano pegaba un salto cara atrás situándose no 1429, de aí o nome "A Orixe". E máis dun mes de ensaios cos 8 actores principais e os 12 defensores. Menudo traballo que hai detrás de toda esta representación feita por xente da casa que parece máis que profesional pola entrega.

Así, apagáronse as luces e saltaron á escena as tres irmandiñas protagonistas desta, unha das primeiras revoltas irmandiñas do século XV en Galicia. Menuda voz a das Jessy, Janet e sobre todo Andrea, a camellá, a gran heroína, que demostrou por que participou no Luar como representante da Costa da Morte. O seu adversario non será outro que o que comezaba a linaxe dos Moscoso nas terras de Soneira, "O Torto", un vello irmandiño que se gañara o respecto de e Dona Juana de Castela ata coroalo Vizconde.

Asalto ao Castelo Vimianzo 2013-Vizconde e Duquesa Asalto-ao-Castelo-Vimianzo-2013-O-frade-das-Preferentes-e-o-irmandino-ladron

Coa axuda da Besta, O Torto intentará gobernar estas terras e o primeiro que fai é liquidar, a través da súa "Besta", ás dúas compañeiras ademais de un humilde campesiño irmandiño que o único que fixera foi roubar unha ovella do castelo, ao tempo que libera a un frade estafador que vendía Preferentes da Igrexa. Pero a morte do campesiño Simón, esperta en Hïldur, a súa moza, unha fame de venganza que poderá coa forteleza do Castelo.

Libérase a brava Hïldur e anima a todos os Irmandiños a coller os fachos, o Ariete e ir correndo tralos tamborileiros ata o Castelo, protagonizando un dos momentos máis auténticos desta festa.

Asalto-ao-Castelo-Vimianzo-2013-Ariete-e-fachos O foxo do Castelo cheo-Foto-Roberto Rua

E chegados ao Foxo do Castelo a cousa faise aínda máis fermosa. A incomparable paraxe fai que xa centos de irmandiños esperen alí para ver esta parte da representación. Os primeiros en aparecer son os Defensores, que este ano contaban con dúas tenientes de coidado. Menuda coreografía que se pegaron este ano, antes da sempre divertida batalla de globos de auga.

Poucos defensores quedan vivos e os que quedan son eliminados pola protagonista. Chega a gran batalla, Hïldur contra a Besta, un persoeiro espectacularmente representado por Rubén, e moi ben caracterizado polas estilistas Vanesa e Lola. Entre efectos especiais, Hïldur pode coa Besta e tamén pode co Vizconde, que un ano máis foi representado por un deses actores que engrandece a representación, Juan Rama.

Asalto as Castelo Vimianzo 2013-Loita entre a irmandina e a Besta-Foto-Roberto Rua

Só quedaba a traca final: O Ariete. Entre os berros de Hïldur e dos irmandiños extaltados, a vella guarda da Axvalso tomou o ariete e liberou, por un tempo, aos veciños da terra milenaria de Soneira.

A vella garda de Axvalso co Ariete-Foto-Roberto Rua

A celebrala vitoria a golpe de rumba

Aínda tiñan que celebrar a vitoria os irmandiños, polo que volta ao Campo da festa, e a bailar a rumba dos granaínos Son de Nadie, a fanfarria galega da Magnifique Bande dos Homes sen Medo, e a foliada festexeira dos Residuos Atractivas.

Ata o ano que vén irmandiñosssss!!!!

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Fotos de Rosaura Romo para QPC e de Roberto Rúa como fotógrafo oficial do Asalto ao Castelo.

Comentarios