A micoloxía tamén invade Zas

Mentres andan estes días aos cogumelos por Coristanco da man da Asoc. Ponte Lubián, e mentres esperamos polas Xornadas Micolóxicas de Pan de Raposo, anunciamos xa invasión do reino funghi no concello de Zas.

A Asociación de Veciños de Loroño arma as 1ª Xornadas Micolóxicas Zas 2014, que terán lugar os vindeiros días 7 e 8 de novembro no Centro Sociocultural.

O venres 7 arrincarán cunha charla de iniciación, e para o sábado, ben cedo, unha saída para a recolección de exemplares, con degustación e pola tarde peche con Juan Carlos Larouba Sanchez.

Hai Prazas limitadas. Os interesados en incribirse deberán apuntarse nos seguintes teléfonos: 606 889 707 - 629 807 928 - 677 115 411.

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).