O alumnado de FP do IES de Baio gaña un dos premios do Concurso Consumópolis
01 de outubro de 2025 (20:00 h.)
Nova demostración do bo facer do IES Maximino Romero de Lema de Baio. O equipo Novamas, formado por Zaira Calo, Joel Fernández, Javier Lema, Álvaro Rivera e Daniel Rojo, alumnxs de 2º de FB Básica coordinados polo profesor Gonzalo de Castro-Acuña, veñén de gañar o 3º premio na categoría C do concurso Consumópolis.
Trátase dun concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-20: Sabes o que consumes? Únete a un consumo máis consciente e solidario.
O equipo NoVaMás preparou varios vídeos, que podedes ver aquí. Estes son algúns exemplos: