Antía Muíño leva un dos Premios Martín Códax

Antía Muíño nos Premios Fouciño ©Ale Romero

Anda de xira polo Mediterráneo e non puido estar onte na Gala do Pazo da Cultura de Pontevedra. Pero Antía Muíño foi recoñecida co galardón á Mellor Canción de Autora nos XIII Premios Martín Códax da Música. 

A baiesa/compostelá segue medrando no mundo da música, rompendo fronteiras e abrindo portas a través da nosa lingua.

Quedaron ás portas de levar premio as bandas costeiras de Alana, Talesien e Unto Vello, que foron finalistas

Entre os premiados, atopamos bandas como Lamantumba, Galician Army, e mesmo Los Suaves, co mesmo Yosi subindo a recoller o premio Honorífico.

 

Máis novas