xoves. 30.10.2025
El tiempo

Antía Muíño lanza “A Beleza”, primeiro adianto do seu agardado segundo álbum marcando o inicio dunha nova etapa creativa

Antia Muino nos Premios Foucino ©Ale Romero (1)
Antía Muíño nos Premios Fouciño ©Ale Romero
Antía Muíño lanza “A Beleza”, primeiro adianto do seu agardado segundo álbum marcando o inicio dunha nova etapa creativa

Despois de emotivas actuacións na comarca (nos Fouciño de Baio e no Mes da Fundación Fernando Blanco de Cee), Antía Muíño regresa á primeira plana da escena musical estatal cun novo single que marca o inicio dunha nova etapa creativa. A artista baiesa lanza xa en todas as plataformas “A Beleza”, primeiro adianto do seu segundo álbum, tras o celebrado Carta Aberta, co que debutou a finais de 2022 e se consolidou como unha das revelacións do folk-pop e da canción alternativa de autor ibérica.

Despois de case tres anos, varios singles e un recente split xunto ao pianista Abe Rábade, Muíño presenta unha canción que axuda a iluminar o imaxinario sonoro do seu novo disco. A canción continúa a ser o centro, pero nesta nova etapa aliméntase de elementos que veñen do folclore galego, do jazz e da canción melódica, nunha mestura que reafirma a súa mirada artística libre e sen complexos.

"Camiñar por Traba un domingo á mañá" reza dun dos versos “A Beleza”, demostrando que a artista ben coñece a valora de onde ven, nun tema que recolle influencias como Sílvia Pérez Cruz ou Rita Payés dialogan con outras como Ana Belén ou Jorge Drexler, construíndo un arco polifónico que reflicte a visión iberoamericanista e fóra de cánones que caracteriza a obra de Antía Muíño.

A canción móvese con levidade, cunha instrumentación acústica que marca a pauta dese son a madeira pero á vez modernista que define as súas producións. Neste caso, conta coa colaboración do prestixioso produtor galego Hevi, recoñecido polo seu traballo con artistas como Novedades Carminha, Ortiga, ou Caamaño & Ameixeiras, entre moitos outros.

Máis novas

Comentarios