Baio pon en valor o legado da familia Romero Lema no marco do Centenario do Seminario de Estudos Galegos

Cartel realizado por Pepe Barro

Este sábado 17 de xuño, Baio acolle unha importante cita da cultura galega. Acollerá a vila zasense un dos actos no marco das conmemoracións do “Centenario do Seminario de Estudos Galegos”, organizado polo Museo do Pobo Galego, a Comisión Enrique Labarta Pose para as Letras Galegas (que representa a todas as asociacións da vila) e o Concello de Zas.

A conmemoración chega porque de Baio era un dos seus fundadores, Francisco Romero Lema (irmán do arcebispo D. Maximino).

Será o coordinador das xornadas, que non é outro que Xosé Mª Lema Suarez, o encargado ás 10:30h de abrir as xornadas, trala presentación co alcalde Lolo Muíño e o director do MPG o muxián Manuel Vilar, ás 10:30h, coa súa conferenfcia sobre o propio fundador baiés.
De seguido haberá unha mesa redonda moderada por Jorge Mira, sobre a importancia da familia Romero Lema de Baio, coa presencia de Xosé Luís Axeitos, Braulio Pérez Astray e o propio Lema Suárez.

Pola tarde (a partir das 16:30 horas) realizarse un roteiro literario- artística pola parroquia baiesa visitando os lugares de referencia da familia Romero Lema. Este