Baio pon en valor o legado da familia Romero Lema no marco do Centenario do Seminario de Estudos Galegos
Este sábado 17 de xuño, Baio acolle unha importante cita da cultura galega. Acollerá a vila zasense un dos actos no marco das conmemoracións do “Centenario do Seminario de Estudos Galegos”, organizado polo Museo do Pobo Galego, a Comisión Enrique Labarta Pose para as Letras Galegas (que representa a todas as asociacións da vila) e o Concello de Zas.
A conmemoración chega porque de Baio era un dos seus fundadores, Francisco Romero Lema (irmán do arcebispo D. Maximino).
Será o coordinador das xornadas, que non é outro que Xosé Mª Lema Suarez, o encargado ás 10:30h de abrir as xornadas, trala presentación co alcalde Lolo Muíño e o director do MPG o muxián Manuel Vilar, ás 10:30h, coa súa conferenfcia sobre o propio fundador baiés.
De seguido haberá unha mesa redonda moderada por Jorge Mira, sobre a importancia da familia Romero Lema de Baio, coa presencia de Xosé Luís Axeitos, Braulio Pérez Astray e o propio Lema Suárez.
Pola tarde (a partir das 16:30 horas) realizarse un roteiro literario- artística pola parroquia baiesa visitando os lugares de referencia da familia Romero Lema. Este