A Carballeira de Baio coidase para a Festa

Coa boa saúde do río confirmada por especialistas ambientais, a Dovesa de Baio ponse de Gala para unha nova edición da Festa da Carballeira de Baio. A cita familiar, como marca a tradición, será o último domingo do mes de xuño, que este
ano será o día 29, neste espazo único e incluído dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

 


Unha das novidades deste ano é a imaxe do cartel e das camisetas, que xa están a venda no Bar Trébol, en Casa Rogelio e na Cervecería Río Grande; é que estrean unha imaxe totalmente renovada formada por un mapa cos lugares máis relevantes incluídos dentro do Carreiro do Río.

Coma sempre, será un día cargado de reencontros, de merendas familiares e de moita animación. A música comezará a soar a partir das 12:00 horas da man do grupo de gaitas da Asociación Cultural Adro. DJ Expósito, Dúo La Mekanica e o Dúo Son 2 encargaranse de animar a sesión vermú e a verbena. E pola tarde a Charanga Noroeste levará a súa música polas mesas.

Respecto pola contorna

Neste marco, o Concello de Zas e a Comisión de Festas de Baio e da Asociación Cultural Adro lembran a importancia de entre todos preservar o lugar evitando prácticas que danen a contorna. Por ese motivo prohíbese entrar cos coches no recinto e estacionar nel, facer lume no chan, instalar carpas pechas e poñer equipos musicais.

Máis novas