Carmen V. Valiña lanza "Illa de Sangue", unha novela de memoria e misterio na Illa de San Simón

Aínda hai nada estaba presentanto “As tolas que non o era”, pero xa ten na rúa outra nova novela. "Illa de sangue”, que resultou gañadora do XIX Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, acaba saír do prelo da man da editorial Galaxia.

Unha novela que xurdiu na residencia literaria que autora baiesa realizou na Illa de San Simón. “É unha historia de lazos familiares, facendo referencias ao pasado de San Simón como illa que sufriu unha historia de represión terrible. Unha novela baseada na memoria, de como nos moldea o pasado, e todo, maridado coa historia de misterio pola desaparición dunha das protagonistas”, explícanos.

Sinopse

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que renegaron do pai e casaron, mais non foron quen de rachar as cadeas que as unían a el. Coa voz de Lucrecia que renunciou ao seu pelo cor lume por un marido que a abandonou á hora da cea. Mulleres todas elas, Helena, Coral, Lucía, María e Lucrecia, unidas para sempre pola fatalidade dunha illa, unha illa da que non podes saír sendo a mesma.

Máis novas