Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Carmen V. Valiña: “O tempo e as sinerxias con outros artistas, o mellor das Residencias Artísticas mariñáns”

Residencia Artistica Pazo Marinan Carmen Valina
Carmen V. Valiña, de raias brancas e azuis, na Residencia co resto de artistas invitados
Carmen V. Valiña: “O tempo e as sinerxias con outros artistas, o mellor das Residencias Artísticas mariñáns”

Rematou esta semana a segunda edición das Residencias Artísticas Mariñán, organizadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Unha oportunidade para creadores da provincia de concentrarse nos seus proxectos nunha contorna moi favorable, facilitando ademais a apertura de oportunidade e sinerxias con artistas de diferentes disciplinas.

Se ;o ano pasado foron o dúo musical Caamaño&Ameixeiras as que aproveitaron a semana de residencia para o que despois foi o último disco, este ano a presenza costeira chegou en clave de pensamento.

A baiesa Carmen Marina Vidal Valiña puido pasar unha semana, como invitada na categoría de “Pensamento”, concentrada no seu proxecto de recuperando a memoria das "tolas" galegas: o manicomio de Conxo a través das pegadas das súas internas.

”Foi moi positiva. Por un lado é importante ter tempo para desenvolver o meu proxecto, algo que escasea nos nosos días, polas tarefas cotiás, e me permitíu avanzar moito no proceso de escrita no que espero que sexa proximamente un libro sobre as mulleres internas no manicomio de Conxo entre o século XIX e a Guerra Civil, no que quero visibilizar que non só eran internas por asuntos psiquiátricos, senón que moitas eran nais solteiras, mulleres que quixeron escapar, e acabaron encerradas nun manicomio para controlar a súa trangresión”, explica Carmen.

”A outra cousa positiva foi comprtir estes días con persoas cunha sensibilidade literaria e artística especial, como as xentes da residencia de música, xerando sinerxias moi boas, sobre todo coas xentes que están traballando no rural e na creación de comunidades, e valeume para o meu propio libro estas conversas para analizar como esas comunidades poden ser elemento vertebrador pero tamén moi opresor para moitas destas mulleres que acabaron internas no manicomio”. “Doulle especial importancia á relación coas xentes da música tradicional, e a importancia do relato colectivo, e de recuperar a memoria rural do que eu tamén formo parte”.

Novas sobre Carme V. Valiña

Comentarios