Jorge Mira recibe o premio de Ensinanza da Real Sociedade Española de Física

Segue colleitando recoñecementos este baiés internacional. E dos importantes, xa que os premios dos propios compañeiros de profesión son, normalmente, os máis valorados.
O profesor Jorge Mira acaba de ser galardoado co Premio da Real Sociedade Española de Física 2012, na modalidade de Ensinanza e Divulgación da Física, en recoñecemento ao seu “labor pedagóxico de gran calidade e a súa destacable actividade no campo da divulgación científica”.
Este é o segundo premio en importancia dos outorgados polo principal órgano da Física en España, despois da Medalla de Ouro desta Real Sociedade.

O premio, que se entregará proximamente en acto público en Madrid, é o terceiro de relevancia que recibe o docente da Facultade de Física nos últimos tres anos, logo de ser galardoado coa Medalla de Honra Ciencia en Acción (2010) e co Premio Savirón en 2011.

O xurado valorou o traballo "a prol da divulgación científica e pedagóxica" sw Mira, artífice de programas de “gran prestixio e difusión, sobre todo na Comunidade de Galicia”, como o seu mimamo Programa Conciencia. A súa participación televisiva non pasa desapercibido así como como o seu libro "A ciencia no punto de Mira".

Novas relacionadas

Fonte