As entrevistas do GDR: Jorge Mira
09:24 28/01/11
Comezamos hoxe cunha nova sección. Unha sección que chega gracias ao traballo do GDR Costa da Morte. Dende esta asociación polo desenvolvemento rural, a xornalista Paula García Costa vén de comezar unha xeira de entrevistas a senlleiros personaxes da bisbarra.
Así, en QPC traeremos as primeiras preguntas dunha completa entrevista para incentivar aos nosos lectores a achegarse polo activo blog da entidade gdrcostadamorte.wordpress.com.
Sen máis deixámosvos coas primeiras preguntas da entrevista ao polivalente físico baiés Jorge Mira, o mellor embaixador da Costa da Morte, como así foi premiado na última Xunta Empresarial da FECOM por parte da APTCM (vemos como recolle o premio na foto).
- O feito de nacer nunha vila afastada das grandes cidades supúxolle unha dificultade engadida á hora de triunfar?
- Na súa opinión, cales son os puntos fortes da Costa da Morte? E as principais eivas?
- Onde se atopan as mellores oportunidades de desenvolvemento para a Costa da Morte?
- Que é o que máis lle gusta da Costa da Morte?
Novas relacionadas
- Os empresarios da Costa reividican unha atención especial das adminstracións.
- A bitácora da semana (CVII): O blog do GDR Costa da Morte.
- 1 ano de GDR e 39 proxectos recibidos.
- Jorge Mira, o mes de setembro do “Proxecto Nicaraugua”.
- A ciencia do cotián, un repaso ao primeiro libro de Jorge Mira.
- Jorge Mira achega a Hawking ata á fin do mundo .
- Entrevista de Jorge Mira en QPC: Pequenas consultas para Jorge Mira.
Fonte
- Entrevista realizada por Paula García Costa para o GDR Costa da Morte e QPC.