As vogais da TVG teñen acento da Costa da Morte

15:29 20/09/11

Xa son dous costeiros os que protagonizan o espacio da TVG "Cifras e Letras". Hoxe comeza a nova temporada e se os temas científicos eran cousa dun baiés, as "vogais e consoantes" da TVG terán acento ceense.
A fichaxe da escritora María Canosa Blanco, que substitúe á poeta Yolanda Castaño, fai que a Costa da Morte teña un protagonismo especial no pograma presentado por Paco Lodeiro. Jorge Mira e a propia María Canosa, fan que o saber da TVG queda así nas mans da nosa bisbarra.
Obras como o "Derradeiro Deus", "As tartarugas de verán" ou "Leo era un León" fan da escritora ceense toda unha referencia a nivel nacional. Agora chegará ás nosas casas diariamente para facela xa unha auténtica figura pública.

Novas relacionadas
- A ceense María Canosa Blanco faise pura.
- Xosé Manuel Varela Varela: Castelao por Concha Blanco e Neira Vilas por María Canosa.
- Unha Noite de Estrelas con Jorge Mira.
- O baiés Jorge Mira segue recibindo premios pola súa capacidade de divulgar ciencia.
- Un Nóbel máis que coñece a fin do mundo da man de Jorge Mira.
- A Ciencia dende o punto de Jorge Mira .
- As entrevistas do GDR: Jorge Mira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).