Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un novo premio crítico para Jorge Mira

Un novo premio crítico para Jorge Mira

Esta fin de semana deuse a coñecer o ditame da trixésimo cuarta edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais. E a que non saben quen levou o premio de Investigación?

Pois si. O baiés Jorge Mira segue centrando a atención no eido científico de Galicia, por ser a cara máis visible da ciencia en todo o país, que desta volta ademais se achega á problemática lingüística. Mira recolleu o premio en Vigo, nunha xuntanza de 400 persoas representativas dous diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país. Todo baixo o lema "Eis o canto eterno dunha terra".

Entre os premiados pola Fundación Premios da Crítica Galicia podemos atopar a Ana Romaní, Premio de Creación Literaria pola obra "Estremas"; ao grupo “Son de Seu”, Premio á Musica; o “Proxecto Terra”, iniciativa impulsada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que levou o Premio de Iniciativas Culturais; “Ángela de la Cruz”, como Premio de Artes Plásticas e Visuais; o “Citizen” da compañía de Teatro Chévere, Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais; e como non, ao baiés máis internacional. Que por certo, xa está argallando a visita á fin do mundo doutro premio nóbel a través do Programa Conciencia.

Jorge Mira, Premio Investigación

O xurado da modalidade de Investigación, formado por María Xosé Agra Romeu, Senén Varro Amenedo Miguel Barros Ponte, Domingo Docampo Amoedo, Uxío Labarta Fernández, Isabel Mociño e Branca-Ana Roig Rechou, que actuou como secretaria, acordou outorgar por maioría a Jorge Mira por liderar un traballo titulado "A importancia da similitude interlingüística e o bilingüismo equilibrado cando dúas linguas compiten", realizado cos seus colegas Luís Seoane e Juan Neto, publicado en inglés nunha das revistas máis prestixiosas, e seleccionado polo ArXiv Physics Blog que acolle diariamente a mellor idea de entre todos os traballos publicados no Physics Arxiv un dous principais colectores de artigos científicos do mundo.
Neste artigo hai un achegamento concreto ao caso galego e non se augura a desaparición da lingua seguindo os parámetros usados, aínda que se se comenta que perdería uso, de non ser suficientemente apoiada. Un traballo, dos poucos, que concilian a investigación en ciencias experimentais coas humanidades e as ciencias sociais e que tivo e está a ter unha grande recepción e impacto en Galicia e nos circuítos científicos internacionais.

Un investigador que contribue á comunicación da cultura científica con traballos como "A Ciencia non punto de mira", publicado por Auga Editora, por poñer ao alcance da sociedade, cunha linguaxe sinxela, os beneficios da investigación, utilizando o galego como vehículo da universalización da ciencia, explican dende a Fundación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios