Os chinos poden cos coches de Baio

Non deixa de ser un símbolo, pero que forza teñen estes símbolos. E iso que parece que a venda de vehiculos parece no último ano. Pero onde parecen non levantar cabeza trala crise é no sector do automóbil de Baio. E o cambio do mítico concesionario Renault da entrada de Baio a un xigante Bazar chinés seireve de símbolo. Símbolo sobre todo da invasión chinesa na bisbarra.

Que foi daquela Feirauto, a feira do vehículo de ocasión máis importante de Galicia, cando aínda non sufría a crise... Estas última edicións case pasaron desapercibidas, con arredor de 20 vehículos vendidos. E mentres, os chinos van collendo protagonismo, como xa o fixeron noutras vilas da zona.

En todo caso, cómpre sinalar concesionario Baiocar da Renault tralsadouse a outro local na vila, e aseguran que cederon ese baixo pola boa oferta que lle fixeron os responsables do Bazar para alugar o enorme baixo que hai ao carón do Gadis.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.gal).