Os chinos poden cos coches de Baio


Non deixa de ser un símbolo, pero que forza teñen estes símbolos. E iso que parece que a venda de vehiculos parece no último ano. Pero onde parecen non levantar cabeza trala crise é no sector do automóbil de Baio. E o cambio do mítico concesionario Renault da entrada de Baio a un xigante Bazar chinés seireve de símbolo. Símbolo sobre todo da invasión chinesa na bisbarra.
Que foi daquela Feirauto, a feira do vehículo de ocasión máis importante de Galicia, cando aínda non sufría a crise... Estas última edicións case pasaron desapercibidas, con arredor de 20 vehículos vendidos. E mentres, os chinos van collendo protagonismo, como xa o fixeron noutras vilas da zona.
En todo caso, cómpre sinalar concesionario Baiocar da Renault tralsadouse a outro local na vila, e aseguran que cederon ese baixo pola boa oferta que lle fixeron os responsables do Bazar para alugar o enorme baixo que hai ao carón do Gadis.

Novas relacionadas
- A venda de coches na Costa da Morte medrou un 19% en 2014.
- Novas reformas para as estradas provinciais da Costa da Morte.
- Os límites de velocidade baixarán na maioría das estradas da Costa da Morte ao longo do primeiro trimestre do ano.
- As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois.
Novas relacionadas
- Xuño 2012: A crise si que chegou á Feirauto.
- Entrevista con Manuel Martínez, coordinador da Feirauto de Baio: “A unión é a clave do éxito da Feirauto”.
- Feirauto 2010: A Feirauto non sofre a crise .
- Feirauto 2008: A venta de vehículos cae un 35% na bisbarra.
Fonte
- Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.gal).