Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A crise si que chegou á Feirauto

A crise si que chegou á Feirauto

Ben é certo que as cifras son significativas. Cantas persoas pasaron por Baio, cantos coches se venderon, cantas ventas hai en proceso e se pecharán esta semana... Pero a importancia da Feirauto vai moito máis alá, e vén sendo unha imaxe de marca que lle permite á vila zaense ser un referente no mundo do motor de toda Galicia.

E malia que a venta este ano foi das máis frouxas, dende a Asociación de Automóbiles de Baio amosa unha lixeira satisfacción pola boa asistencia de público. Pero tamén disconformidade. Disconformidade cos veciños, e tamén empresarios do sector doutras partes, que aproveitan a cita para colocar nos aparcadoiros dos arredores da rúa Mestre Platas os seus coches en venta. Deste xeito, ademais dos 400 vehículos que expuxeron os profesionais, había case que medio centenar de coches que non aportan á Feira pero que sacan o proveito.

Datos negativos

E se o ano pasado apuntabamos que a Feirauto non acusaba a crise, parece que este ano si que chegou.
Os datos, como dicimos non foron positivos. Falan de arredor de 20 vehículos vendidos, o que supón unha baixada aproximada dun 30% nas ventas.

Visitas especiais

Houbo visitas singulares. Ademais do veciño Jorge Mira, un habitual da Feira ollando as novas propostas, a cúpula do sector recibiu ao xa ex delegado da Xunta e posible futuro presidente da Diputación Diego Calvo. O popular estivo calmando ánimos logo de asinar o contrato da VAC e prometer que o comezo das obras da ITV serán en agosto.

A feira completouse coa exposición de vehículos antigos, que coma sempre tivo moi éxito.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios