Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os límites de velocidade baixarán na maioría das estradas da Costa da Morte ao longo do primeiro trimestre do ano

Os límites de velocidade baixarán na maioría das estradas da Costa da Morte ao longo do primeiro trimestre do ano
¡Ollo! Ao longo deste trimestre do ano prevese que entre en vigor a reforma do Regulamento Xeral de Circulación que está a preparar a Dirección Xeral de Tráfico. O principal obxectivo que persegue é garantir a seguridade dos peóns. Ésta é unha medida que nos afectará a todos os conductores, xa que se modificarán os límetes de velocidade na maioría das estradas de todo o Estado, e por conseguinte, tamén da Costa da Morte. Casco urbano Nos cascos urbanos, como o de Carballo ou Cee, a velocidade máxima será de 30 km/hora e as máis transitadas quedarán reducidas a 20 km por hora. Segundo os datos do primeiro borraror da medida, o límite nas carreteras convencionais baixará de 100 a 90 km/h cando a vía teña unha anchura de 6,5 metros. En caso de que a estrada sexa de menos de 6,5 metros de ancho e que teña marcas de separación ente ambos sentidos, a velocidade suponse que se reducirá de 90 a 70 km/h. No caso das estradas con menos de 6,5 metros de ancho e nas que non haxa líneas discontinuas entre os carriles a velocidade baixará de 90 a 50 km/h. Autovías No caso das autovías, tales como a AG-55, a intención de Tráfico é manter o límite dos 120 km/hora e ampliarase a 130 km/h  cando o indiquen os paneis de mensaxe variables e sempre e cando, sexan tramos nos que existan "índices contrastados de seguridade, boas condicións do trazado e con óptimas condición meteorolóxicas e ambientais". Esta medida faise co fin de reducir os datos de siniestralidade vial que, segundo recollen fontes de Tráfico, a maior cifra de accidentes e de víctimas teñen lugar nas estradas convencioniais.

Comentarios