Os tres docentes de centros de ensino de Zas que recolleron un premio estatal de educación

Óscar Manuel Rey Calo, Fina Paulos Lareo e Lorena Cerdeiro Núñez nos Premios estatais

Lorena Cerdeiro Núñez, Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, profesores en Zas, recolleron en Madrid os “I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a Competencia Dixital do Alumnado”, convocados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Trátase dun recoñecemento de ámbito estatal que distingue proxectos educativos que integran recursos abertos e tecnoloxías dixitais para mellorar a aprendizaxe, con especial fincapé nas competencias STEM e dixitais. Os tres docentes convértense así nun referente nacional da innovación educativa no rural galego.

Óscar Rey e Final Paulos veñen, ademais de ser considerados como os mellores Mestres de España nos Premios Educa Abanca

Os proxectos premiados

Lorena Cerdeiro Núñez nos Premios Nacionales de Experiencias Educativas

Na modalidade individual, Lorena Cerdeiro Núñez (CPI de Zas) obtivo o primeiro premio co proxecto “Clics seguros en Zas”, partindo do recurso educativo aberto “Sin miedo a hacer clic” do repositorio cREAgal. A iniciativa que deseñou sensibiliza ao alumnado de ESO sobre os riscos na rede, a fenda dixital e o uso seguro e responsable dos dispositivos, abordando un dos retos máis relevantes da sociedade dixital actual.

Óscar Rey Calo e Final Paulos 

Na modalidade colectiva, Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo (IES Maximino Romero de Lema, Baio) acadaron o galardón cunha proposta pedagóxica que exporta un Recurso Educativo Aberto sobre o Río Miño. O traballo que desenvolveron aposta pola gamificación, a Intelixencia Artificial, a realidade aumentada e a aprendizaxe colaborativa para achegar as novas tecnoloxías ao contorno rural.

Recoñecemento institucional

Os tres docentes xa recibiron en Nadal un recoñecemento da Xunta de Galicia, durante a visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ao IES de Baio, onde os cualificou como «máximos expoñentes da profesionalidade ao servizo da calidade do sistema educativo galego, nomeadamente no rural e nun ámbito tan sensible como as novas tecnoloxías».

Voces dos protagonistas

No acto de entrega en Madrid, os docentes premiados destacaron que «dende centros rurais como os de Zas, podemos liderar a vangarda educativa apostando por redes colaborativas, coñecemento compartido e metodoloxías como a aprendizaxe por proxectos ou orientada ó servizo social co alumnado no centro». Asemade, agradeceron o apoio das familias e do alumnado participante nos proxectos.