Últimos días para inscribirse nos FPs informáticos do IES de Baio, que conseguen pleno emprego
29 de xuño de 2021 (12:46 h.)
Xa debullamos os módulos de FP do IES Maximino Romero de Lema de Baio relacionados coas novas tecnoloxías. Uns ciclos que conseguen pleno emprego no sector, supoñendo unha oportunidade impresionante para aprender programación de aplicacións informáticas.
É importante o chamamento porque quedan poucos días (ata o 2 de xullo) para a matriculación, que podedes realizar dende web do centro, para estes ciclos en réxime de FP Dual con 9 meses de prácticas remuneradas e alta na seguridade social nunha empresa do sector TIC.
Novas relacionadas
- Xuño 21: O IES de Baio aumenta á súa oferta de FP cun módulo de Aplicacións web.
- Novembro 20: O IES Seguro de Baio, 1º Premio na Maker Faire Galicia.
- Xuño 20: O IES de Baio consegue o novo Ciclo Superior DUAL de Aplicacións Multiplataforma.