Xoves. 01.10.2020
El tiempo

O IES de Baio consegue o novo Ciclo Superior DUAL de Aplicacións Multiplataforma

O IES de Baio consegue o novo Ciclo Superior DUAL de Aplicacións Multiplataforma

Estase a converter o IES Maximino Romero de Lema nunha referencia educativa en materia de informática. Gracias ao impulso dirixido por Manolo Maseda e Óscar Rey Calo, o centro está ofrecendo unha saída cunha inserción laboral altísima, como son os ciclos de FP relacionados coa novas tecnoloxías.

A última gran nova para toda a comunidade educativa baiesa e de toda a comarca é a implementación da oferta educativa do Centro cun Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma en DUAL. “Un soño feito realidade despois de varios anos traballando arreo para conseguir que no rural existan apostas de traballo colaborativo entre as empresas tecnolóxicas e os centros públicos”.

A empresa IMATIA - coa que se asina o convenio de colaboración- é unha das máis importantes do sector da informática. A empresa tecnolóxica investiga, deseña e desenvolve aplicacións para os cinco continentes.

Con este Ciclo Superior o Centro ofrece un paso máis ao alumnado que xa desenvolve o Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, cunha enorme demanda, e a FP Básica de Informática de Oficina.

Un paso adiante para fixar poboación na zona.

CICLO SUPERIOR DAM BAIO 2

DirectosQPC arredor da comunidade educativa e cultural de Baio

 

comentarios