Xoves. 05.08.2021
El tiempo

O IES de Baio aumenta á súa oferta de FP cun módulo de Aplicacións web

ciclos fp Dixital IES Baio
O IES de Baio aumenta á súa oferta de FP cun módulo de Aplicacións web

Continúa o IES Maximino Romero de Lema afianzándose cunha referencia comarcal en materia de formación dixital. O ano pasado anunciaba a consecución dun novo módulo dual, que será unha realidade para o curso 21-22.

O alumnado da comarca poden inscribirse (do 25 de xuño ao 2 de xullo) no Ciclo Formativo de Grao Superior “Desenvolvemento de Aplicacións Web” en réxime dual. O número de prazas ofertadas son 12.

Este novo ciclo ven a completar a formación xa ofertada da familia de Informática,contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico e á empregabilidade da poboación nunhafamilia profesional cunha importante inserción laboral. Asemade mantense no Centro a mesma oferta educativa que en anos anteriores: ESO, BACHARELATO, FP BÁSICA de “Informática de Oficina” e o Ciclo Formativo de Grao Medio “Sistemas Microinformáticos e Redes”.

Novas relacionadas

comentarios