Unha viaxe ás orixes da Festa da Carballeira de Zas

Unha imaxe da tradicional festa, anterior aos anos 80. antes mesmo de que a A.C. Castro Meda recuperase a cita 35 anos son moitos anos para unha festa. E hoxe queremos viaxar no tempo para coñecer as orixes deste singular festival que se celebra o primeiro sábado de agosto.

Unha orixe que atopamos na festividade do Santísimo Sacramento, que celebraba a finais de agosto dende hai séculos e que era unha fermosa romaría que se celebraba na Carballeira do Souto.

A festa foi desaparecendo ata que nos anos 80 se decidiu retomala por un grupo de incansables defensores da cultura tradicional. Aló baixaban a comezos doa nos 80, unha manchea de homes (só homes, si…) a merendar ao río, con comida a fartar e a música de “Os de Montouto”, grupo de gaitas das terras do Xallas, e volvían ao caela noite a continuar da festa na praza do Campo. Ano a ano a festa foi normalizándose, pero a organización facíase cada vez máis complexa.

Sorte que os futuros fundadores da AC Castro Meda tomaron as rendas e foron afianzando a festa. A idea de disfrutar funha fermosa tarde en familia a carón do río, e de poñer en valor o baile e a música populares fóron manténdose cos anos, se ben a cita adiantouse ao primeiro sábado de agosto, e trasladouse á Carballeira de Velar, un dos auditorios naturais máis fermosos de Galicia, un bosque autóctono auténtico de máis de 14,500 km2.

Espectacular o auditorio natural da Carballeira de Velar, nunha imaxe do festival da Carballeira de Zas en 2012

A día de hoxe, o festival é unha auténtica referencia internacional en materia de música folk, e é unha das festas fixas para a mocidade da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).