Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Alberto Vicente pode con David Arcay na competición autonómica Selectivo Salmónidos Mosca de Verdes

Podio do Campionato de Salmonidos Mosca de Verdes-Coristanco
Podio do Campionato de Salmonidos Mosca de Verdes
Alberto Vicente pode con David Arcay na competición autonómica Selectivo Salmónidos Mosca de Verdes

Este pasado domingo, a Federación Galega de Pesca e Casting, en colaboración co Concello de Coristanco, desenvolveu no couto de pesca de Verdes a competición de ámbito autonómico Selectivo Salmónidos Mosca.

A competición foi clasificatoria para o campionato de España da especialidade 2023 e nela participaron 26 deportistas das catro provincias galegas.

Durante a competición realizáronse 963 capturas (posteriormente liberadas) sendo Alberto Vicente Casas quen logrou o máximo número de capturas (86) e Julián Nieto Ferreiro quen logrou a peza de maior tamaño (32cm).

Finalmente, foi o propio Alberto Vicente Casais o campión (con 12 ptos, 86 capturas e 28 cm de peza de maior tamaño), por diante de Carlos Gesto García (con 28 ptos, 52 capturas e 31 cm de peza de maior tamaño); e un dos grandes favoritos, David Arcay Fernández (con 31 ptos, 46 capturas e 29 cm de peza de maior tamaño).

Alberto Vicende Casais
O alcalde coristanqués Juan García facendo entrega do trofeo a Alberto Vicende Casais
david arcay
David Arcay tivo que conformarse ca 3ª posición

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios