Xa está aquí o completo programa da nova edición da ExpoRía Camariñas. Unha ampla oferta de actividades para gozar dun fin de semana en contacto coa cultura mariñeira do 18 ao 20 de agosto.
Entre as actividades previstas destacan:
– Obradoiro-Itinerario medioambiental para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Co cofinanciamento da Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria da Xunta de Galicia. Neste obradoiros coñecerase a flora e fauna (aves) de Camariñas. Realizaranse os dias 19 e 20 de agosto de 11: 00 a 13:00 e requirese inscrición previa.
– Campionato de Pesca do Calamar. Segunda edicion deste campionato no Peirao de Camariñas o venres 18 de agosto ás 22:00h. Poden inscribirse ata 14 de agosto.
– Rutas guiadas. Catro rutas que sairán da Caseta de Información Turística en horario de mañá e tarde e que daran a coñecer as artes de pesca, o traballo das mariscadoras, as embarcación de cerco e as historias mariñeras de Camariñas.
– Mans Salgadas. Microteatro na rúa con teatralizacións de historias camariñanas
– Lilicleta. DJ musica sobre rodas. Show musical que se realizará polas rúas o domingo 20 de agosto. Unha experiencia única!
– Showcoocking. Unha exhibición de cocina con degustacion a cargo de Jorge Guitian e Anna Mayer expertos chef e gastrónomos que faran unha demostración de cociña baseada nos peixes capturados pola flota de Camariñas.
– Música, obradoiros infantís, exposicións e moitas outras cousas máis…