mércores. 14.05.2025
El tiempo

As cinzas de Labarta Pose xacen simbólicamente en Zas

homenaxe-labarta Pose Zas 13-05-2025
As cinzas de Labarta Pose xacen simbólicamente en Zas
As cinzas de Labarta Pose xacen simbólicamente en Zas Zas rendeulle unha espectacular e completa homenaxe a Labarta Pose no centenario do seu pasamento

Todo Zas participou este martes 13 de maio de 2025 na homenaxe que o Concello de Zas lle rendeu a Enrique Labarta Pose no centenario do seu pasamento. Foi nun acto na Praza Jorge Mira Pérez de Baio e no que participaron uns 200 estudantes dos tres centros de ensino do municipio, membros da Corporación Municipal, membros da Comisión Labarta, familiares do homenaxeado como Ángel Labarta, moita veciñanza e mesmo, membros do Consello da Cultura Galegoo e ata membros da Real Academia Galega, que seguen collendo argumentos para dedicarlle unha das edicións das Letras Galegas.

Non puido, con todo, o Concello de Zas traer as súas cinzas cumprindo dalgunha maneira o seu desexo de que os seus restos descasaran na vila que o viu nacer, por estaren nunha fosa común. Pero dende onte, Enrique Labarta Pose xace de forma simbólica na Praza Jorge Mira Pérez ao carón dun fermoso monumento realizado polo escultor Marcos López descuberto para a ocasión.

Porque así rezabaunha parte do poema “Que me enterren aló!” recitado esta mañá por Alexandra Rilo, alumna do CEIP Labarta Pose, esta mañá: “Si por fado do Perello / morro lonxe da terriña, / anque sexa por correio / mandádema á miña aldea! / Si eiquí me enterran eu toleo! / Non me acostumo antre mortos / que non falan o gallego!”.

Importancia de Labarta Pose

Zas celebra o centenario do pasamento de Labarta Pose

“A pegada de Labarta Pose non só se queda no Concello de Zas se non que abrangue a toda a Costa da Morte”. Así comezou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, o emotivo acto dando conta da importancia deste xornalista, escritor, poeta…

“Labarta é un persoeiro do que nos podemos sentir orgullosos na historia cultural de Galicia. Foi un gran literato. Un extraordinario poeta que defendeu xa na súa época ás mulleres, a nosa fala, entre outros moitos temas”, destacou Manuel González, membro numerario da Real Academia Galega. Durante o acto tamén interviron outras autoridades presentes quen coincidiron en destacar a importancia da figura de Enrique Labarta Pose.

O Alcalde, Manuel Muíño, encargouse de pechar a homenaxe incidindo en que “dende hoxe temos un anaco da súa alma con nós grazas a este soterramento de parte da súa obra e cunha escultura coa que o recordaremos cada vez que pasemos por aquí”. “Dende hoxe xace na Praza Jorge Mira un dos homes bos e xenerosos”, rematou.

homenaxe-labarta Pose Zas 13-05-2025 2

Máis novas de Labarta Pose

 

Comentarios