O venres 11, o sábado 12 e o domingo 13 de agosto, o Encoro da Fervenza volve cambiar, como cada ano, auga por verbena. A Festa da Fervenza 2017 chega mesturando música electrónica con orquesta. O venres será o día dos pinchas, o sábado mestura e o domingo sesión vermú a golpe de pasodoble.