Evento
Homenaxe ao Gerente

Ramiro García Núñez, o “Gerente”. Un nome que vale en si mesmo unha homenaxe. Son máis de 30 anos facendo historia cas Carrilanas en Esteiro, e a vila muradá quere agradecerllo. É a alma desa baixada de Carrilanas dende todos os prismas, comezando pola creación artesanal de singulares bólidos, unha práctica que serviu de exemplo para que ducias de mozos da vila sigan gozando da afección de crear. As exposicións dos seus vehículos son unha das grandes atraccións da festa estival.
Por todo iso, a organización das Carrilanas Esteiro e o Concello de Muros arman unha festa para o vindeiro 27 de maio que comezará co descubrimento dunha placa conmemorativa na meta do circuito das carrilanas, que seguerá cun concerto e cun xantar popular.
Xa o ano pasado a parroquia vimiancesa de Trasouteiro homenaxeou ao Gerente, e este ano tócalle aos seus veciños.
Novas relacionadas
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, en vídeo.
- Setembro 2016: A Deputación destina máis de 9.000€ ao gran premio de carrilanas de Esteiro e ao Pequebasket de Carballo.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1.
- 2016: Trasouteiro homenaxeou o Gerente, o rei esteirán das Carrilanas en Galicia.
- Carrilanas 2014: As Carrilanas de Esteiro en vídeo.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- 2013: Tarde gloriosa no Gran Premio Carrilanas Esteiro.
- 2013: As Carrilanas de Esteiro: Deporte artesanal en estado puro.
- 2011: Esteiro superou a Vimianzo na Baixada de Carrilanas de Trasouteiro
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)