venres. 09.05.2025
El tiempo

Evento

Presentación dun libro en Cee

18/feb./2017 a 18/feb./2017
8:00 h a 6:00 h
Casa da Cultura
Presentación dun libro en Cee
Libro a Relixion do Mar de Xosese Iglesias A programación cultural do mes de febreiro en Cee céntrase nas presentacións dos libros. Serán tres autores vinculados coa Costa da Morte os que presenten os próximos días as súas obras na casa da Cultura ceense. A programación inclúe tamén unha mostra bibliográfica e unha gala poético musical. A partir do mércores día 15 de febreiro, a biblioteca Francisco Mayán acolle unha mostra bibliográfica sobre a obra de Rosalía de Castro que estará aberta a todo o público e os centros de educación primaria poderán concertar unha sesión explicativa da obra e vida da poetisa. O auditorio Baldomero Cores tamén acolle o sábado 18 de febreiro a presentación de “A relixión do mar” de Xosé Iglesias, obra gañadora do IX premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar. Ademais do escritor tamén estará na presentación Viki Rivadulla. Ao día seguinte, terá lugar no mesmo sitio unha gala poético musical na que participarán Manuel Oliveira “Manolín” e as agrupacións de baile Terra de Sena de Cee, a escola de danza Breogán de Brens e Xaldón de Corcubión. A programación cultural do mes de febreiro remata o día 24 coa presentación do libro “Costa da Morte, crónica marítima” – de Rafael Lema – que terá lugar na sala de conferencias da Casa da Cultura ás 19:30 horas. Os asistentes serán agasallados cun exemplar da obra.  
Comentarios