Imprimir

Afunde unha embarcación no porto de Corcubión

que pasa na costa | 15 de decembro de 2016

En menos dunha semana tres embarcacións tiveron serios problemas en aguas da Costa da Morte. A última delas afundiuse esta tarde no porto de Corcubión. Según informan dende o 112, a embarcación - duns seis metros de eslora - foi a pique despois de soltarse do seu amarre e bater contra o paseo marítimo da praia de Santa Isabel. No momento no que se produciron os feitos non había ninguén no interior do barco. Os servizos de emerxencias recibiron o aviso dos efectivos de Protección Civil da localidade ás 14:45 horas de hoxe. Salvamento Marítimo decidiu mobilizar ata a zona a embarcación Don Inda. Así e todo, o pesqueiro acabou afundindo por completo. Rescate en Laxe   rescate-don-inda-laxe O Don Inda remolcou a embarcación ata o porto de Laxe Tamén onte o equipo de rescata de Salvamar Altair tivo que asistir ao pesqueiro Gonçalves Zarco que quedou sen máquina e derivando cara terra. Os equipos de rescate remolcar a embarcación a Laxe. pesqueiro Gonçalves Zarco laxe O pesqueiro Gonçalves Zarco quedou onte sen máquina nas costas de Laxe Novas relacionadas Fonte
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mar/afunde-unha-embarcacion-no-porto-de-corcubion/20161215203334082874.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA