Sábado. 20.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

70 minutos de poesía en Carballo

23/out./2019
20:00 h
Biblioteca Rego da Balsa
70 minutos en Carballo
70 minutos de poesía en Carballo

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), en colaboración coa Deputación da Coruña, está a promover un ciclo de encontros con autoras e autores denominado 70minutos.con, unha análise sobre a nosa literatura contemporánea en presenza e conversa cos seus autores e autoras. 

Son 70 minutos de divulgación e palabra creativa: por unha banda, un achegamento á diversidade e excelencia que atravesa hoxe a literatura contemporánea a través de voces expertas capaces de contextualizar, definir e debullar as súas circunstancias e condicionantes. Pola outra, as voces protagonistas de toda esa expansiva riqueza literaria interpretando para nós o seu traballo creativo, revelándonos os seus procesos e expoñéndonos as súas chaves.

Carballo será unha das cinco sedes da provincia, xunto con Santiago, A Coruña, Ferrol e Betanzos. O encontro celebrarase o mércores 23, ás 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, e terá como protagonistas ás poetas Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial. Os 70minutos.con rematarán con música de jazz do grupo Lois Rivera Trío.

Comentarios