Evento
Actividades familiares nas Festas da Barquiña

No marco das verbeneiras Festas da Barquiña, o MELGA propón actividades para toda a familia.
Como o V Campionato de Tirabalas e a VI Ruta de Bicicletas Clásicas.O sábado 14, a partir das 18:00 horas, a Praza do Relleno converterase, por primeira vez, no escenario elixido para a realización deste divertidísimo xogo tradicional do tirabalas. Cada xogador deberá elaborar o seu propio tirabalas e, de non poder, a organización disporá dun servizo de préstamo para que ninguén quede sen probar sorte. Todos intentarán batir ao tetracampión Carlos Andrade Castro, que leva gañando as 4 edicións.
Ademais, a VI Ruta de Bicicletas Clásicas, que arrincará o domingo 15, ás 12.30 horas, do Centro Cultural tras a celebración da IX Ponteclásico. Unha bici antiga e roupa de época serán suficientes para formar parte desta singular expedición que percorrerá as rúas da localidade para rematar á beira do río Anllóns degustando un xantar popular. Para participar en ambas actividades bastará con anotarse no Melga Centro Cultural (981 715 442) ou enviando un mail a ricardoperezyverdes@gmail.com.