Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

01/dec./2018 a 01/dec./2018
6:00 h a 6:00 h
Teatro en Muros
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa a súa programación teatral destinada a público familiar cun gran espectáculo xestual e con unha forte compoñente plástica e musical, “Patapatúm”, o novo espectáculo da compañía Elefante elegante, gañadora do María Casares o ano 2012, que visitou Muros en varias ocasións e estará de novo no centro cultural o sábado, 1 de decembro, ás 18:00 horas. Incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Sorpresa! Unha montaña de agasallos! Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Os máis pequenos non dan feito entre tanto xoguete. E os maiores, atados pola espiral do tempo, non son quen de facer un oco na súa axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos. Patapatúm é a reflexión de Elefante Elegante sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Patapatúm é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar. Cunha banda sonora inspirada na música dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. A autoría e dirección corre a cargo dos creadores da compañía: María Torres e Gonçalo Guerreiro e o elenco está composto por Agustín Bolaños, Gonçalo Guerreiro e María Torres. Elefante elegante teatro é unha compañía que nace en 2007 e as súas creacións son espectáculos de teatro visual que buscan a universalidade, que xorde da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. As entradas son a 2,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural e xuvenil de Muros.
Comentarios