Dous menores feridos ao ceder un balcón Vimianzo
Dous menores esrán feridos de consideración tras sufrir unha caída en Vimianzo. Pasadas ás 18:00h da tarde deste sábado 21, tres rapaces caían dende un primeiro piso da rúa Álvaro Cunqueiro, en Vimianzo, ao ceder a varanda do balcón.
Dous dos menores foron trasladados a un centro hospitalario, un deles en helicóptero medicalizado ao Hospital da Coruña e o outro en ambulancia ao de Cee. A Policía Local informou que un terceiro menor, que tamén caeu, foi levado ao Punto de Atención Continuada da localidade.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil e a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Cee.
Os bombeiros confirmaron á súa chegada que non había persoas atrapadas entre o entullo.