Domingo. 25.09.2022
El tiempo
10:38
19/03/12

Cheo, ¿por favor?

Cheo, ¿por favor?
Iso de “cheo, por favor” que adoitabamos dicir nunha estación de servizo xa non está de moda. E unha das razóns principais de por que non o facemos está en que nos últimos días o prezo do gasóleo e da gasolina acadou máximos históricos. Concretamente os 1,40 euros por litro no caso do gasóleo. No que vai de ano, pouco máis de tres meses e medio, a gasolina acumula un encarecemento do 12% chegando a custar case un 10% máis que a mesma semana do 2011. Pola súa banda, o gasóleo subiu un 8,1% polo que é un 7,5% máis caro que no mesmo momento do pasado ano. ¿A onde estamos chegando? Resúltanos complicado comprender isto cando escoitamos que o prezo do barril de cru de Brent experimentou unha baixada de dous dólares na última semana e o seu custe é de 126 dólares por barril. Prezos que están moi por debaixo dos 147 dólares por barril que valía en xullo de 2008. ¿Será culpa dos impostos? En España aplícanse tres impostos sobre a gasolina e o gasóleo: o imposto especial sobre hidrocarburos, o imposto sobre ventas minoristas e o IVE. Segundo publicaba o boletín do Observatorio del Mercado de la Energía da Comisión Europea do 12 de marzo, o prezo da gasolina 95 sen impostos en España é de 0,78 euros e o do gasóleo de 0,82 euros. É dicir, case 70 céntimos (no caso da gasolina) e case 60 céntimos (no caso do gasóleo) do que pagamos son taxas. Se a todo este panorama lle engadimos que a contaminación do aire está provocada en boa parte polas emisións dos coches son razóns máis que suficientes para buscar outras alternativas como medio de transporte.

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Fonte

comentarios