Xoves. 28.03.2024
El tiempo
09:50
10/08/12

Finou o vello galeguista Avelino Pousa Antelo

Finou o vello galeguista Avelino Pousa Antelo

Acaba de chegarme a noticia da morte de Avelino Pousa Antelo, que, con máis de 96 ou 97 anos, era a memoria viva do galeguismo histórico. Sempre dicía que se fixera galeguista cando escoitara a Castelao nun mitin en Compostela. Despois participou na campaña do Estatuto de Autonomía do 36. Coa sublevación militar dese fatídico ano foi perseguido polos falanxistas de Negreira e marchou á fronte de guerra para fuxir deles. Na posguerra tivo que empezar de novo e foi mestre na famosa Escola de Barreiros (Sarria), dos Fernández de Lugo.

En fin, supoño que haberá semblanzas completas mañá nos xornais. Pola miña parte teño que dicir que fun amigo del desde hai uns 35 anos, cando era directivo do Pedrón de Ouro. A súa cabeciña funcionoulle, afortunadamente, ata hai ben pouco. Teño que dicir que, superados os 90 anos, levoino en dúas ocasións a darlles unha conferencia a rapaces de 2º de bacharelato ó IES Antón Losada Diéguez da Estrada, para falarlles da época da República e da Guerra civil, as súas experiencias persoais. Botou case hora e media falando e respondendo a preguntas dos rapaces e botaría aínda máis se non houbese que marchar porque marchaba o bus do instituto: un vello nonaxenario engaiolando rapaces de 16 - 17 anos...

Sempre se mantivo firme nas súas convicións e foi crítico, moi crítico, coa política lingüística deste "Presidentiño" -se é que se lle pode chamar así- da Xunta de Galicia que temos. Seguramente non se atreverá ninguén da Xunta a presentarse no seu enterro.

Artigos de Lema Suárez en QPC

  • Un estudiante xaponés a un galego: “Perdoe, pode falarme en galego?”.
  • Unha viaxe en linguagalega pola arqueoloxía da Costa da Morte coa SEMESCOM.
  • Moito máis que unha guía sobre a Terra de Soneira de Xosé María Lema Suárez.
  • Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
  • Fonte

    Comentarios