Máquina de escribir Underwood nº5
Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.
Máquina de escribir Underwood nº5
- Fabricante: Underwood Typewriter Company (New York)
- Distribuidor en España: Guillermo Truniger S.A
- Cronoloxía: Principios do século XX.
- Clasificación: Obxectos educativos / Sección: Mecanografía
- Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Características e historia
A Underwood nº 5 está considerada a máquina de escribir de maior éxito da historia e a primeira máquina de escribir realmente moderna. O seu impacto prolongouse dende 1901, cando comezou a fabricarse, ata que deixa de confeccionarse na década de 1930. En total chegaron a fabricarse máis de 2 millóns de Underwood nº 5. Usada por xornalistas, administrativos e demáis oficinistas, a máquina Underwood demostrou ser moi práctica en varios sentidos, a pesar de que moitas das súas características de deseño non resultasen especialmente innovadoras.
Ó contrario que moitas máquinas de escribir que imprimían a partir de tipos individuais, a Underwood adoptou o formato de barra de tipos, o cal demostrou acomodarse mellor a escrituras máis veloces. Máis importante foi o feito que permitía ver o que se escribía grazas ó seu mecanismo de “golpe frontal”, posto que as máquinas de “golpe inferior” imprimían na parte baixa da planta ou superficie de impresión, e había que levantar o carro para ver que se escribira.