Máquina de escribir Underwood nº5
Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.
Máquina de escribir Underwood nº5

- Fabricante: Underwood Typewriter Company (New York)
- Distribuidor en España: Guillermo Truniger S.A
- Cronoloxía: Principios do século XX.
- Clasificación: Obxectos educativos / Sección: Mecanografía
- Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Características e historia
A Underwood nº 5 está considerada a máquina de escribir de maior éxito da historia e a primeira máquina de escribir realmente moderna. O seu impacto prolongouse dende 1901, cando comezou a fabricarse, ata que deixa de confeccionarse na década de 1930. En total chegaron a fabricarse máis de 2 millóns de Underwood nº 5. Usada por xornalistas, administrativos e demáis oficinistas, a máquina Underwood demostrou ser moi práctica en varios sentidos, a pesar de que moitas das súas características de deseño non resultasen especialmente innovadoras.
Ó contrario que moitas máquinas de escribir que imprimían a partir de tipos individuais, a Underwood adoptou o formato de barra de tipos, o cal demostrou acomodarse mellor a escrituras máis veloces. Máis importante foi o feito que permitía ver o que se escribía grazas ó seu mecanismo de “golpe frontal”, posto que as máquinas de “golpe inferior” imprimían na parte baixa da planta ou superficie de impresión, e había que levantar o carro para ver que se escribira.
As Underwood optaron polo teclado QWERTY ou Universal posto que era o máis coñecido, aínda que existían outros sistemas dispoñibles. A nº 5 dispoñía de 84 caracteres distribuídos en 4 filas de teclas, e unha soa tecla para cambiar a maiúsculas, o que facilitaba a mecanografía ó tacto e una rapidez maior. Quizais a Underwood nunca vira a luz de non ser pola disputa entre Thomas Underwood e a empresa Remington.
En 1895 Thomas Underwood, fabricante de cintas para máquinas de escribir e papel carbón, propuxo á Remington Company renovar o contrato de suministrador de cintas, pero a empresa informoulle de que rexeitaba os seus servizos porque pretendía producir as cintas ela mesma. Tras este rexeitamento e profundamente doído, Underwood mercou os dereitos dunha máquina nova ideada polo inmigrante alemán Frank X. Wagner, lanzándose á fabricación de máquinas de escribir cun éxito inusitado. Finalmente, a comezos da década de 1960, Olivetti comprou a empresa Underwood.
O Colexio-Instituto combinou sabiamente dende as súas orixes a educación humanística e científica coa aprendizaxe de materias prácticas necesarias para o desenvolvemento económico da comarca (contabilidade, comercio, lexislación mercantil, mecánica industrial, idiomas, etc). Dentro deste tipo de ensinanzas aplicadas habería que destacar a mecanografía, que se imparte por primeira vez en Galicia na Fundación Fernando Blanco, concretamente no curso de 1902-03, cando se merca unha máquina da marca New Century Caligraph.
Tesouros da Fundación
Novas relacionadas
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
Outros artigos de Darío Areas
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.