Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI)
08:44 21/12/10
5. Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX
Na primeira metade do século XIX, os actos fúnebres por ausentes nas vilas de Corcubión e Fisterra apuntan ó que xa vimos para o caso de Cee:| Lugar do falecemento | N° de mencións | Porcentaxe |
| Servicio Real | 45 | 39.8 |
| Alta mar | 55 | 48.7 |
| América | 8 | 7.1 |
| Galicia | 3 | 2.6 |
| Ausentes | 2 | 1.7 |
| Totais | 113 | 100.0 |
Así pois, nas vilas mariñeiras hai que falar máis de mobilidade (sexa por obrigas militares ou polo propio emprego nos barcos da pesca) que de emigración. A porcentaxe de mortos no Servicio Real é moi destacada e pensamos que estes datos gardan bastante similitude cos que xa vimos con anterioridade polo que pasaremos a continuación a coñecer algo máis dos mortos ocultos baixo a denominación de falecidos en "alta mar".
A morte, nestes casos, ten a súa orixe no comercio que dende as nosas costas tiña como punto de destino, principalmente, o Mediterráneo e a costa vasca. O comercio galego con Levante xa se documenta no s. XV e co norte de España incluso antes. No seu documentado estudio sobre o comercio marítimo na Galicia medieval, a doutora Elisa Ferreira refírese ó noso ámbito de estudio nos seguintes termos: "al faenar en la costa gallega, los pescadores de la costa cantábrica estaban ejerciendo un antiquísimo derecho de concesión real; eran gente de Vizcaya y Guipúzcoa -aunque éstos, más que pescar, compraban-; de Santander, Laredo, Castro, S. Vicente de la Barquera, Llanes y Ribadesella, que frecuentaban sobre todo la Costa de la Muerte y los puertos de Finisterre, Mugía y Cee pescando sardina, merluza, abadejo y cazando además la ballena de esa zona y en toda la fachada cantábrica gallega. Pero en el último tercio del s. XIV, las cofradías pesqueras gallegas se organizan y presentan un frente de oposición a estos competidores...".
Nos séculos XVI e XVII este comercio marítimo peninsular pasou por unha forte crise a causa das recurrentes guerras que España sostivo con outros países. Os beneficiados pasaron a ser os ingleses e escandinavos que pasaron a dominar o tráfico do salgado ata 1738 (arenques e bacallaus, respectivamente). A partir de 1750 volven a normalizarse e a poñerse en marcha as transaccións entre Galicia e os portos levantinos, sendo nesta época cando fan acto de presencia os cataláns nas nosas rías, que aportando novas técnicas unidas a un gran coñecemento do negocio pesqueiro, imprimen un cambio radical tanto na industria extractiva como na elaboración e comercialización. Entre as causas da chegada e posterior asentamento dos calaláns podemos citar:
- a) o excedente de mariñeiros sen traballo nas costas catalanas debido á introducción de novas artes na pesca (sistema de "arrastre", moito máis efectivo e rápido).
- b) a crise do tráfico inglés que abastecía de sardiña salgada o mercado catalán trala guerra de 1738.
- c) o establecemento da matrícula de pesca na década de 1740 en Galicia polo que os novos matriculados quedaban suxeitos ó Servicio da Armada (os cataláns emigrados non se viron afectados pola lei xa que tiñan que prestar o servicio no son departamento marítimo e non en Galicia).
Que pasou na Costa na época moderna
- I: Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- II: M ovementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- III: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- IV: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- V: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- VI: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXI I V: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.