Nadal no mar
Achéganse os días de Nadal e este é un bo momento para recordar como é unha mañá no mar nunhas datas tan sinaladas.
Agora (con isto das paradas biolóxicas) aproveitamos para facer os descansos nestas datas e así podelas pasar na casa, en terra e coa familia, pero xa me teñen tocado moitas no mar . Aquí vós deixo unha lembranza:
Son as 7:30 da mañá do mércores 23 de decembro de 2006, estamos a 20 millas ao Oeste de Monte Louro. Anda un ventiño fresco de leste o que me obriga a manter as fiestras da ponte pechadas para non mollar a cara coa salseiros que chegan ata ela.
Teño sono , estou canso e un pouco malhumorado.
E fai un frío que pela!
Acabamos agora mesmo de largar os artes e aproveito para tomar un cafeíño ben quente para quecer o corpo.
Miro no radar e non temos barco ningún nun radio de catro millas , podo tomar tranquilo o café.
Acendo o aparello de UHF no canle 74 e saúdame unha voz augardentosa pero ben afinada cantando unha panxoliña que fala do Neno sobre un feixe de pallas. Cambio para a canle 9 e outra voz , esta vez moi desafinada , canta tamén unha panxoliña que fala de peixes e de ríos. Cando termina outra voz e outra panxoliña remúdano.
Paso agora a canle 11 onde esta control de trafico de Fisterra , e un petroleiro de bandeira Grega está a reportar o seu paso polo dispositivo de separación de trafico, ao terminar despídese con un recoñecible, Merry chistmas and happy New year.
Volvo o canle 74 , sigue a mesma voz de augardente cantando, pero esta vez é unha rancheira o que soa través das ondas. Cando termina, outras voces anímano a continuar e a voz augardentosa arrancase con un pasodobre.
Xa son máis das 8 da maña , xa espertei , xa quecín e xa non me lembro porque estaba malhumorado.
Bo Nadal para todos e un recordo especial para os que pasarán estas datas no mar afastados dos seus seres queridos.
- Manuel M. Caamaño (Homes de Pedra en barcos de pau).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".